As voces baixas

Manuel Rivas



O extremo da ignorancia é non saber, non querer saber, o nome das árbores que te arrodean.

A pomba é xornalista. O corvo, ese vagabundo, é poeta.

Salvou máis xente o porco que a penicilina.

Deus quixo crear a flor máis fermosa  e foi pintando chorimas nunha vara, con ese amarelo que despois recuperou Van Gogh. O caso é que o demo estaba agochado, e cando Deus marchou foi e pintou as espiñas. Así naceu o toxo.

O normal non é ser normal. O normal é ser diferente.

Os ollos envían información e logo o maxín traballa pola súa conta.

Non hai medo máis grande que o medo ao abandono.

O mar existe, entre outras cousas para que o pintase Lugrís.

A primeira palabra levarache á segunda e esta á terceira. Edda islandesa.

Na vida, non se poden perder nunca os enlaces.

Todo o que escribes compromete.

Hai intres en que os poucos parecen máis. Como nos naufraxios.

O que progresa a industria cos enfermos!